lunes, febrero 20, 2006

Charles_Fuco


Esta é a imaxe dun dos meus personaxes favoritos. Por todo o que representou nun momento da historia universal, pola súa personalidade e, como non, polo seu talento.
Con oito anos vin, por primeira vez, unha película deste actor: "La quimera del oro"; e sendo aínda neno, non comprendín que, ademais das escenas que producían gargalladas, había unha mensaxe de "fracaso" enfrontada á "ambición" do ser humano. Aínda que no mundo de hoxe, poderiamos levala por outro sendeiro e entendela como a lóxica e digna pretensión de aspirar a unha calidade de vida digna, atopándose coa crúa realidade que agarda aos inmigrantes.